venres, 9 de maio de 2014

DESCRICIÓN DO PROGRAMA

O obxectivo central deste programa é fomentar o coñecemento da multifuncionalidade do monte. Hoxe en día aínda non está moi arraigada a percepción da importancia do monte e de todas as funcións que desempeña. O coñecemento da importancia destas funcións (económicas, sociais e medioambientais) polo alumnado é fundamental para fomentar o respecto polo monte.

Potenciar o coñecemento da xestión sostible do monte. A adecuada xestión do monte é moi importante co fin de compatibilizar a súas funcionalidades medioambientais, sociais e estéticas, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, cos lexítimos beneficios directos que lle corresponden aos seus titulares. 

Neste apartado afondarase nas distintas ferramentas que existen para a xestión sostible do monte. Explicarlle aos alumnos a certificación forestal como ferramenta para a xestión forestal sostible.

Divulgar a importancia dos montes veciñais en Galicia. Os montes veciñais en man común son unha forma de propiedade moi estendida en Galicia e cun gran potencial dende o punto de vista forestal e medioambiental. Neste epígrafe búscase afondar no coñecemento do funcionamento destas comunidades e na importancia que teñen no sector forestal galego. 

ENLACES

A continuación podes atopar algúns enlaces a páxinas de interés natural.




¿Que é o día da árbore?

Noticias en prensa: 

Plantación en A Illa

Día da Árbore en Ourense 2014

O Barco celebra o Día da Árbore 2014

Plan Proxecta

Xogos Online

Bloom Defender

Viaxe pola Natureza cos escarabelliños

Farm Heroes Saga

4ª ACTIVIDADE (2011/2012)

Día da Árbore

O día 21 de Marzo de 2012 os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora celebraron o Día da Árbore no Centro de Interpretación e Rexeneración do Patrimonio Natural Autóctono.











Para ver mais imaxes e algúns videos de este día pinche aquí


3ª ACTIVIDADE (2012/2013)

Día da Árbore

O día 21 de Marzo de 2013 os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora celebraron o Día da Árbore nas Madornas (Castro de Beiro).











Para poder ver mais imaxes e algúns videos de esta actividade pincha aquí


2ª ACTIVIDADE (2013/2014)

Entre castiñeiros

Nas seguintes fotos podemos observar a saída a Aula da Natureza de Oira.











Para poder ver mais imaxes e algúns videos feitos nesta saída pincha aquí

1ª ACTIVIDADE (2013/2014)

Plantación Maios

O 31 de marzo os alumnos do Colexio Plurinlinüe Divina Pastora acudiron a A Granxa a plantar Serbais, Piñeiros e Carballos.






Para poder ver mais imaxes e algúns videos pincha aquí


NOTICIAS EN PRENSA

A Voz de Galicia


A Voz de Ourense


Faro de Vigo




A Voz de Galicia